La última película
Last Film Show
Richa Meena, Rahul Koli
- 110 minutos
Samay, un cativo de 9 anos que vive coa familia nunha aldea remota da India, descobre o cine por primeira vez e fica absolutamente hipnotizado. Contra os desexos de seu pai, volve ao cine día tras día e faise amigo do proxeccionista que, en troca da súa comida, lle deixa ver películas gratis.
Axiña se decata de que as historias se converten en luz, a luz en películas e as películas en soños.
Contaxiados pola emoción, Samay e a súa inquieta cuadrilla, investigan sen descanso co fin de tentar captar a luz e proxectala para veren películas de 35 mm. Xuntos, utilizan un truco innovador e logran con éxito fabricar un aparato de proxección. Porén, perseguir os teus soños a miúdo significa deixar atrás as cousas que amas.
-
Filmoteca Júnior
La última película
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde (+9 anos).
-
- Ano:2021
- Países de produción: Estados Unidos, Francia, India
- Guión: Pan Nalin
- Fotografía: Swapnil S. Sonawane
- Produtora(s): Monsoon Films Private Limited, Jugaad Motion Pictures, Incognito Films, Virginie Films