
La caza
Alfredo Mayo, Ismael Merlo, José María Prada, Emilio Gutiérrez Caba, Fernando Sánchez Polack
- 83 minutos
“La caza é a sobria descrición dunha partida de caza de coellos nas terras do Jarama que contemplaron a famosa batalla durante a guerra civil; nela interveñen tres excombatentes e un mozo nacido despois da guerra, que protagonizan unha crecente tensión que acaba nunha mortífera espiral de violencia, ao deixaren libres todas as súas represións e odios larvados durante anos. Espléndida metáfora do cainismo español, ademais dos seus valores intrínsecos, entre os que se conta a recuperación do cine oficialista Alfredo Mayo, La caza implica outras cousas importantes para Saura e para o cine español. Neste último significa o arrinque do que se coñece como cine metafórico, do cal o propio Saura é durante anos o máximo expoñente; mais para o cineasta significa o encontro e comezo da colaboración co produtor Elías Querejeta, co que traballa ata 1981 (…).” (José Enrique Monterde, “Carlos Saura”, Diccionario del cine iberoamericano. SGAE/Fundación Autor, 2011)
-
-
Cineclube Valle-Inclán
La caza
- Ano:1966
- Países de produción: España
- Guión: Carlos Saura, Angelino Fons
- Fotografía: Luis Cuadrado
- Montaxe: Pablo G. del Amo
- Produtora(s): Elías Querejeta P.C.