Knit's Island
- 95 minutos
Nalgún lugar en Internet, existe un espazo de 250 quilómetros cadrados no que diversas persoas se unen para formar unha comunidade e simular unha ficción de supervivencia. Baixo a máscara dos avatares, un equipo de rodaxe entra neste lugar e entra en contacto coa xente “local”. Esta misteriosa paisaxe rural e posapocalíptica revélase como un lugar de encontro, onde se comparten historias, ideas e amizades. Pouco a pouco os xogadores deixan caer as súas máscaras para revelar as súas realidades, a súa vida diaria, as súas relacións de amizade e amor. Misturando as lembranzas do xogo coas da súa vida real, un grupo levaranos nun paseo polas fronteiras de Internet. Indo cara as marxes do xogo na procura dos límites deste lugar, o filme explora os primeiros pasos da virtualización das nosas vidas, e cuestiona o futuro do noso mundo.
- Ano:2023
- Países de produción: Francia
- Guión: Ekiem Barbier, Guilhem Causse e Quentin L'helgoualc'h
- Fotografía: Ekiem Barbier, Guilhem Causse e Quentin L'helgoualc'h
- Produtora(s): Les Films Invisibles