Grelei raíces no teu lar
- 61 min.
Logo de once anos fóra, Adriana regresa a Galicia para enfrontarse ao baleiro que deixa a morte da súa tía. Instálase na súa casa, un lugar cheo de recordos, e comeza a gravar o seu día a día. Alí sente, por primeira vez, o desexo de ser nai e decide emprender, en solitario, o camiño cara á maternidade. Nesta viaxe íntima, Adriana reconstrúese, dando forma a un novo lar.
-
Olladas de muller 2026
Grelei raíces no teu lar
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresenta: A. Páramo. Entrada de balde.
- Ano:2025
- Países de produción: España, Reino Unido
Notas da directora
Adriana Páramo
Cando a miña tía, que era a miña persoa favorita, morreu inesperadamente, a miña vida cambiou para sempre. Deixei Londres despois de once anos e volvín a Vigo para estar preto de meus pais. Mudeime á casa da miña tía, e alí sentín, aos 35 anos, que quería ser nai, logo de rexeitar esta idea durante moito tempo. Collín a cámara e gravei no que fora o fogar da miña tía, o meu dó e a miña viaxe cara á maternidade en solitario. Tomando como referencias filmes como No Home Movie de Chantal Akerman, Los espigadores y la espigadora de Agnès Varda ou Joyce at 34 de Joyce Chopra, documentei a modo de diario, o meu día a día, e gravei as mulleres que me arrodeaban e que compartían e completaban a miña viaxe persoal. A cámara serviume para enfrontar a perda, e tamén para coñecerme a min mesma neste período de transición. Funme construíndo así no meu novo lar.