Sinónimos
Synonymes
Tom Mercier, Quentin Dolmaire
- 123 minutos
“Cunha posta en escena enérxica e corporal, e unha visión implacable sobre a violencia estatal israelí, Lapid (La profesora de parvulario) levou moi doadamente o Oso de Ouro na Berlinale. E é que esta historia (autobiográfica) de morte e resurrección non dá puntada sen nó. Nada máis chegar a París, Yoav queda literalmente nu, sen posesións nin identidade. Renace así de cero, renegando do Israel e do hebreo, e establece unha encerellada e sensual relación cos benefactores Émile (Quentin Dolmaire, A Violent Desire for Joy) e a súa moza Caroline (Louise Chevillotte, Amante por un día)” (catálogo do Festival de Cine de Sevilla). Ademais do Oso de Ouro en Berlín 2019, consegue o premio á mellor dirección en Sevilla.
-
-
Cineclube Valle-Inclán
Sinónimos
- Ano:2019
- Países de produción: Alemaña, Francia, Israel
- Guión: Nadav Lapid, Haim Lapid
- Fotografía: Shai Goldman
- Montaxe: Neta Braun, François Gédigier, Era Lapid
- Produtora(s): Komplizen Film, SBS Films, Pie Films, Arte France Cinéma