Olladas de muller 2026
Do 10 de marzo de 2026 ao 14 de marzo de 2026
Volta a cita anual coas olladas de muller, como sempre en sintonía coa frutífera colaboración co Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, programa motivado arredor do 8 de marzo. De novo céntrase na dobre liña de actuación de anos pasados. Por un lado, a creación vencellada a Galicia, nesta ocasión centrada no ciclo 'Cine desde a emigración', comisariado por Beli Martínez e Keina Espiñeira; polo outro, a recuperación de títulos galegos e internacionais recentes dixiridos por mulleres, como son Antes de nós, de Ángeles Huerta, Grelei raíces no teu lar, de Adriana Páramo, e As estacións, de Maureen Fazendeiro.
Antes de nós
Ángeles Huerta,
Grelei raíces no teu lar
Adriana Páramo,