
Fogos
Fogos
- 14 minutos
A preocupación polas medidas de seguridade afastounos dos fogos artificiais, un espectáculo noutrora envolvente que hoxe gozamos desde a distancia. Fogos, gravada desde a perspectiva dos pirotécnicos, volve poñer o público no centro da acción. Desta intención nace un filme que nos propón o puro pracer de mirar e escoitar, a esencia mesma das artes e ciencias do cinema. (Marcos Pérez e Martin Pawley)
- Ano:2017
- Países de produción: España