Érase una vez...
- 69 minutos
Un conde e a filla viven no fermoso castelo de Aubanel. A condesa nova, pola súa bondade e beleza, é querida por todos os seus vasalos, mais maltratada pola súa madrasta e medio irmás. Un dos seus paxes libéraraa de tal escravitude coa axuda dun mago e do seu gato Ulises. Libre adaptación do conto de La Cenicienta, de Charles Perrault, ao coidado de Alexandre Cirici Pellicer e o gran José Escobar, o debuxante creador de personaxes como Zipi e Zape ou Carpanta. Foi a segunda película de animación rodada en España, froito de dous anos de traballo e a implicación de máis de 200 debuxantes que crearon medio milón de láminas, e estreouse en salas en 1950, o mesmo ano que a versión de Disney. Copia restaurada pola Filmoteca de Catalunya.
- Ano:1950
- Países de produción: España
- Guión: José María Argay, Alexandre Cirici i Pellicer, Flora Monteyns, Javier González Álvarez, Rafael Ferrer, José Escobar; conto Charles Perrault
- Produtora(s): Estela Films