Entre dos aguas
Entre dos aguas
Israel Gómez Romero, Francisco José Gómez Romero
- 136 minutos
Doce anos logo de La leyenda del tiempo, Isaki Lacuesta volve a San Fernando. Isra e Cheíto son dous irmáns que tomaron camiños moi diferentes na vida. Cando Isra sae do cárcere e Cheíto termina unha longa misión enrolado na Mariña, ambos a dous regresan á Isla de San Fernando. O reencontro dos irmáns renovará a lembranza da morte violenta de seu pai cando eran cativos; a necesidade de retomaren as súas vidas e reconciliárense con eles mesmos uniraos outra vez.
- Ano:2018
- Países de produción: España
- Guión: Fran Araújo, Isa Campo e Isaki Lacuesta
- Fotografía: Diego Dussuel
- Montaxe: Sergi Dies
- Produtora(s): La Termita Films, Mallerich Films
-
“El cine ha de ser omnívoro”
Entrevista na revista da Academia de Cine, por Enrique F. Aparicio
-
Crítica do filme
Por Mirito Torreiro (Fotogramas)
Trailer do filme
Versión orixinal