A media voz
- 80 minutos
Un filme documental autobiográfico coproducido entre varios países e expresado a través de videocartas. Dúas cineastas cubanas amigas da infancia e compañeiras de estudos, Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández, percorren as súas vidas –a creación, as identidades, o tempo ou a maternidade– marcadas tamén pola longa separación e a correspondencia desde lugares distantes, Suíza (Xenebra) e Galicia (Fisterra). Premiado en Málaga, La Habana ou Ámsterdam, nominado aos premios Goya e aos Feroz. Colabora na montaxe a cineasta galega Diana Toucedo.
-
Olladas de muller 2021
A media voz
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio (virtual) coas directoras. Entrada de balde.
-
- Ano:2019
- Países de produción: Cuba, España, Francia, Suíza
- Guión: Patricia Pérez, Heidi Hassan
- Fotografía: Heidi Hassan, Patricia Pérez, Lucía C. Pan, Joakim Chardonnens, Blaise Villars, Almudena Sánchez, David Rodríguez Alfonso
- Produtora(s): Matriuska Producciones, Perspective Films, La 5ª Avenida Producciones, PCT Cinéma & Télévision S.A