Encontro da noite
- 60 min.
Co lema ‘Encontro da Noite’ a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza cada ano unha xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite. Na súa sétima edición, en 2026, investiga da man da Filmoteca de Galicia a presenza da escuridade natural da noite no cinema.
Nesta primeira sesión ábrese un diálogo entre dúas obras que teñen na noite o seu marco fundamental. Dunha banda o álbum ilustrado Soño dunha sombra de Xosé Cobas, que explora o paso do tempo e os matices da luz a través das diferentes estancias da casa do autor. A seguir, a preestrea do filme Anoche conquisté Tebas de Gabriel Azorín, que encontra na natureza e na escuridade un espazo idóneo para a expresión sincera dos sentimentos. A conversa entre Cobas e Azorín afondará, como remate, nas singulares conexións entre dúas creacións absolutamente diferentes mais unidas por unha mesma celebración do acougo e a intimidade, do pracer de mirar e de escoitar. (Martin Pawley)
-
Gabriel Azorín
Anoche conquisté Tebas
Encontro da noite
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde. En colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
- Ano:2026
- Países de produción: España