
Encadenados
Notorious
Cary Grant, Ingrid Bergman, Claude Rains, Louis Calhern
- 102 minutos
O 24 de abril de 1946, o espía nazi Huberman, é condenado por un tribunal norteamericano. A súa filla, Alicia, continúa levando entrementres unha vida de luxo. Un axente do goberno, Devlin, proponlle rehabilitar o seu nome, traballando para os Estados Unidos. Ela acepta e os dous parten para Rio de Janeiro coa misión de seducir un antigo amigo de Huberman, Sebastian, que converteu a súa casa nun verdadeiro refuxio de espías nazis. “Existe unha corrente agochada de perversidade sexual en moitas das películas de Hitchcock, mais en ningunha delas se aproxima máis á superficie que en Encadenados. Grant ama a Bergman, mais iso non lle impide poñela na rúa en nome da seguridade nacional. E unha vez que ela se converteu en prostituta, el está máis enganchado ca nunca (véxanse referencias en Historia de O.) Transferencia de culpabilidades? É un círculo vicioso. Todo o mundo lembra o travelling desde o aire, mais, poderíame dicir alguén o que di na etiqueta da botella de viño?” (Michael Goodwin)