El rayo verde
Le rayon vert
Marie Rivière, Rosette, Béatrice Romand
- 99 minutos
O itinerario emocional dunha secretaria parisina, Delphine, en período vacacional -poucos cineastas retratistas do verán como Rohmer- na procura dun amor romántico provoca a quinta entrega das Comedias e proverbios. O filme obtivo o León de Ouro en Venecia e, visto retrospectivamente, resulta un dos traballos máis memorables, innovadores e singulares do seu autor, onde convive certo aroma documental coa inserción do elemento da improvisación (especialmente a excelente protagonista, Maria Rivière).
- Ano:1986
- Países de produción: Francia
- Guión: Éric Rohmer, coa colaboración de Marie Rivière
- Fotografía: Sophie Maintigneux
- Montaxe: María Luisa García
- Produtora(s): Les Films du Losange