
Los objetos amorosos
Laura Rojas Godoy, Nicole Costa
- 115 minutos
Gañadora do premio FIPRESCI da sección Resistencias no último Festival de Sevilla, Los objetos amorosos supón o debut na longametraxe de ficción de Adrián Silvestre cunha historia sinuosa e desconcertante. Luz, emigrante colombiana, chega a Roma para traballar duro e poder traer consigo o seu fillo de dous anos. Pero coñecerá a Fran, por un divertido equívoco, e a súa visión da vida mudará por completo. Velaquí a historia de dúas mulleres fronte ao mundo, mais non no sentido ao que nos ten afeitos o cine convencional. Silvestre mestura formatos e xéneros, desvirtúa expectativas e rompe moldes, converte unha crónica social nun relato de aprendizaxe, unha película política nunha peculiar historia de amor. E o seu pulso narrativo nunca cede por moito que o filme cambie de ton constantemente e nos conduza dende o hotel no que comeza a traballar Luz ata unha vila romana deshabitada, onde a historia encontra a súa culminación. Impresionantes interpretacións de Laura Rojas Godoy e Nicole Costa. (D'A)
-
-
Cineclube Valle-Inclán
Los objetos amorosos
-
Cineclube Padre Feijoo
Los objetos amorosos
-
Cineclube Lumière
Los objetos amorosos
- Ano:2016
- Países de produción: España
- Guión: Adrián Silvestre
- Fotografía: Luca Lardieri
-
Así es la historia de amor lésbico que es una de las pelis del año
Entrevista en Tentaciones (El País) por Fernando Bernal
Trailer do filme
Versión orixinal