El pequeño salvaje
L'enfant sauvage
François Truffaut, Jean-Pierre Cargol
- 83 minutos
Inspirado no caso do neno Victor de l’Aveyron, localizado en pleno bosque logo de vivir illado ata aproximadamente os 10 anos, un feito acontecido a finais do século XVIII, Truffaut filma un título conmovedor e poético de longo proceso de traballo. Sen posuír carácter ningún de obra de tese e cunha construción de aparencia documental marcada por unha elaborada fotografía en branco e negro obra de Néstor Almendros, o autor ten ocasión de amosar as súas ideas sobre a infancia e a educación, como espíritu ilustrado; resulta tamén el mesmo afortunada encarnación do doutor Jean Itard, educador e responsable do caso.
- Ano:1970
- Países de produción: Francia
- Guión: François Truffaut, Jean Gruault; texto Jean Itard
- Fotografía: Néstor Almendros
- Montaxe: Agnès Guillemot, Yann Dedet
- Produtora(s): Les Films du Carrosse, Les Productions Artistes Associés