
El cielo protector
The Sheltering Sky
Debra Winger, John Malkovich, Campbell Scott, Jill Bennett, Timothy Spall, Eric Vu-An, Amina Annabi, Sotigui Kouyaté, Philippe Morier-Genoud, Ben Smail, Nicoletta Braschi, Paul Bowles
- 133 minutos
En 1947 unha parella de neoiorquinos viaxa ao norte de África para insuflar vida a unha relación moribunda. Na procura de novas experiencias que os fagan reconectar, Port, un músico que leva un ano sen traballar, pretende atopar no deserto inspiración artística, mentres Kit, a súa muller, agarda un milagre que lle devolva o seu marido. Os seus pasos lévannos a coñecer a Tunner, un mozo desprexuízado, rico e mundano que decontado se fascina por eles.
Adaptación da novela homónima de Paul Bowles, fotografada polo mítico Vittorio Storaro.
-
Vai e Vem. Carta branca a Chema Prado
El cielo protector
SESIÓN EN TEATRO COLÓN. Presentación: Chema Prado, John Malkovich. Entrada gratis.
- Ano:1990
- Países de produción: Italia, Reino Unido
- Guión: Mark Peploe, Bernardo Bertolucci
- Fotografía: Vittorio Storaro
- Montaxe: Gabriella Cristiani
- Produtora(s): Warner Bros, Sahara Company, TAO Film, Recorded Picture Company (RPC), Aldrich Group
-
Largo viaje a la agonía
Crítica de Mirito Torreiro en El País.
Informe semanal sobre a estrea do filme en París
Inclúe entrevistas a Bernardo Bertolucci, John Malkovich e Debra Winger
Encontro coas letras. Adaptacións ou pretextos?
José María Latorre
(...) versión da novela homónima escrita por Paul Bowles con axuda do majoun e á sombra de Kafka (“A partir de certo punto non hai retorno posible; ese é o punto ao que hai que chegar”), na que, en palabras do autor, “a aventura ten lugar en dous planos simultáneos: no deserto real e no deserto interior do espírito; o oasis esporádico proporciona alivio do deserto natural, mais as aventuras sexuais non proporcionan ningún alivio; a sombra é insuficiente, a luz cega cada vez máis a medida que a viaxe continúa. E a viaxe debe continuar... non hai oasis no que permanecer”. A novela, saudada por Tennessee Williams como unha obra “que parece mostrar o selo espiritual da historia recente do mundo occidental”, tentou, corenta años despois da súa publicación, a Bertolucci para levala á pantalla. (…)
Os dous mellores momentos do filme son tamén os máis cinematográficos: Kit e Port sós nunha lomba mirando o deserto que se estende aos seus pés, facendo o amor, falando do “ceo protector” e saloucando por libre sen que antes expuxeran un ao outro os motivos da súa tristura; e Kit paseando polo antigo cemiterio cuberto de vasillas e mirando os tuaregs en formación: unha panorámica relaciona a Kit deitada no chan, como morta, co afastado grupo de tuaregs, suxerindo así a relación que a muller terá posteriormente con eles.
“Encuentro con las letras. ¿Adaptaciones o pretextos?”, por José María Latorre, en Heredero, Carlos F. (ed.), Bernardo Bertolucci. El cine como razón de vivir, Festival de Cine de Donostia-San Sebastián, 2000, pp. 129-131.