El asesino poeta
Lured
George Sanders, Lucille Ball, Charles Coburn, Boris Karloff, sir Cedric Hardwicke
- 107 minutos
Sandra Carpenter acepta traballar en Londres para a patrulla antivicio co fin de tender unha trampa a un tratante de mulleres admirador de Baudelaire. De novo estamos perante un mundo bufonesco de aparencias, engano, diñeiro e sopor na última das películas de Douglas Sirk producida de maneira independente durante a súa primeira etapa nos Estados Unidos. O filme é tamén unha especie de remake de Pièges (1939) de Robert Siodmak e resulta un proxecto singular e cativador marcado por un proteico elenco (George Sanders, Boris Karloff, Lucille Ball ou Charles Coburn).
- Ano:1947
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Leo Rosten
- Fotografía: William H. Daniels
- Produtora(s): United Artists