Tecido resistente
Tecido resistente
- 40 minutos
Esta é a historia de centos de mulleres que cambiaron por completo a economía e a organización social de toda unha comarca no inicio do século XX en Galicia. Tiñan 14 anos cando comezaron a traballar na fábrica de tecidos de Présaras (Vilasantar). Cobraban 37 pesetas á semana. Con eses cartos mantiñan a economía familiar. Axiña descubriron que o salario fixo que recibían era algo máis que uns cantos billetes: era a súa independencia, o empoderamento feminino antes mesmo que ese concepto chegase a Galicia. A súa incorporación ao traballo remunerado e industrial mudou a forma como se organizaba a sociedade en que vivían. Agora, máis de 50 anos despois do peche da fábrica, escoitamos esta historia a través da voz das súas protagonistas.