
El año del descubrimiento
- 200 minutos
Figura única no cine español, Luis López Carrasco (Murcia, 1981) é un dos fundadores do colectivo Los Hijos e director dunha longametraxe anterior, El futuro (2013). En El año del descubrimiento presenta un combativo, singular e exhaustivo documental, refractario ás escritas interesadas e oficiais da nosa Historia. No ano do apoxeo internacional de España, 1992, un conflito laboral deriva na queima do Parlamento autonómico murciano. Este episodio, como tantos desa época, parece anulado na memoria popular. Para os seus protagonistas exemplifica un relato furtado, esquecido, por iso lembran aqueles días. Entrevistas, conversas, testemuños, uso da pantalla dividida, espazo delimitado, certas imaxes de arquivo, un esforzo mastodóntico de reconstrución política e oral, na senda de Lanzmann, Coutinho ou o documental da transición, que despois da súa estrea en Rotterdam, obtivo premios á mellor película en Cinéma du Reel, Bogotá, Toulouse ou Jeonju, con nominacións aos premios Feroz.
-
Fóra de serie
El año del descubrimiento
Versión lingüística:VOFormato:DCPColoquio (virtual) co seu director. Entrada de balde (2º pase o 2 de marzo).
-
-
- Ano:2020
- Países de produción: España
- Guión: Luis López Carrasco, Raúl Liarte
- Fotografía: Sara Gallego
- Montaxe: Sergio Jiménez
- Produtora(s): LaCima Producciones, Alina Film, El año del descubrimiento AIE, Magnética Creative Lab, Cromagnon Producciones