Un rey en Nueva York
A King of New York
Charles Chaplin, Dawn Addams, Oliver Johnston
- 110 minutos
Penúltima película dirixida por Charles Chaplin, tres anos despois de exiliarse de Estados Unidos debido á persecución política promovida polo senador McCarthy, o cineasta, de acordo co seu estado anímico, propón unha sátira ácida e incisiva. Shahdov (Charles Chaplin), rei de Estrovia, ten que fuxir do seu país ao estallar unha revolución. Chega aos Estados Unidos sen recursos económicos, pero unha moza publicista de televisión suxire que protagonice algúns anuncios, malia que non parece a persoa máis adecuada para este traballo...
- Ano:1957
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Charles Chaplin
- Fotografía: Georges Périnal
- Montaxe: John Seabourne
- Produtora(s): Attica Film Company