The Reading Lesson + Le loi du collège
- 100 min.
LA LOI DU COLLÈGE (Francia, 1994)
Dirección: Mariana Otero. Producción: La Sept ARTE & Archipel 33. Fotografía: Mariona Otero (C). Montaxe: Anne Weil. Música: Hugues Le Bars. Dur.: 90 min.
Día tras día, ó longo de todo o ano escolar, unha nova directora filmou a vida dun colexio nunha barriada de Paris, recollendo os momentos máis duros na vida do liceo, cos alumnos, profesores, pais, inspectores e maila vida enteira a entrar pola cámara. A obra conseguiu un éxito de público inmediato. A resonancia involucrou a case toda a sociedade francesa.
THE READING LESSON (Holanda, 1973)
Dirección e guión: Johan van der Keuken. Producción: VPRO Televisiónn (The Netherlands). Montaxe: Jac Verheul & Johan van der Keuken. Música: Pop Corn. Dur.: 10 min.
"En The Reading Lesson ("A clase de lectura*), o meu punto de partida foi o tradicional sistema de aprendizaxe da lectura nos nenos: relaciona-las palabras cos debuxos. Nun moi curto espacio de tempo, tentei afastarme o máis posible desta sucesión de debuxos e mailos seus significados -por medio de rápidos flashes- para chegar ó discurso de Salvador Allende e a escenas do golpe de estado de Pinochet. Entón voltamos ós primeiros debuxos de novo e o proceso enteiro destrúese. Para min -iso era esencial- foi o The White Castle en 10 minutos* (Johan van der Keuken).
-
Compostela documental
The Reading Lesson + Le loi du collège
Versión lingüística:VOSEFormato:Vídeo
- Ano:1973-1994
- Países de produción: Francia, Holanda