Dos mujeres
Ök ketten
Marina Vlady, Lili Monori, Jan Nowicki
- 98 minutos
Mari vive feliz no seu matrimonio e na súa posición privilexiada de directora dun hostal para traballadoras rurais. Inicia unha amizade con Juli, muller máis nova cuxa relación cun home alcólico parece un desastre. Algo esperta nela ao observar a esta parella. Mari comeza a preguntarse se, baixo as aparencias, eses vinte anos casada non terán feito se non erosionar a súa independencia.
Logo da incorporación de Nowicki á súa troupe, o éxito internacional dos seus filmes facilita a Mészáros contratar a notables intérpretes de toda Europa. Para unha das parellas protagonistas, conta aquí coa diva de Godard en 2 o 3 cousas que sei dela, Marina Vlady, e o seu partenaire na realidade, o cantante e actor ruso Vladimir Vysotsky. O seu traballo en Francia permitiralle máis tarde incorporar aos seus elencos estrelas como Anna Karina, Isabelle Huppert ou Delphine Seyrig. Nunha faceta máis íntima, aquí descubre á moza de oito anos Zsuzsa Czinkóczi, quen interpreta á fija de Juli.
- Ano:1977
- Países de produción: Hungría
- Guión: József Balázs, Ildikó Koródy, Géza Bereményi, Márta Mészáros
- Fotografía: János Kende
- Montaxe: Éva Kármentö
- Produtora(s): Mafilm Studio Dialog