6ª sesión cine de vangardas
- 71 min.
LA FOLIE DU DOCTEUR TUBE (A loucura do Doutor Tubo). Francia, 1915. Dirección e guión: Abel Gance. Intérpretes: Albert Dieudonné, o clown Di-Go.14'
CHAKHMATNAIA GORIATCHKA (A febre do xadrez) URSS, 1925. Dirección: Vsevolod Pudovkin e Nikolai Spikovski. Producción: Mazrabpom-Rus'. Guión: Nikolai Spikovski. Fotografía: Anatoli Golovnja. Intérpretes: Vladimir Fogel, Anna Zemcova, Anatoli Ktorov, J. Raul Capablanca, Ivan Koval-Samborski, Jakov Protazanov. 27'
IDYLLE A LA PLAGE/IDYLLE SUR LE SABLE (Idiliona area) Bélxica, 1931. Dirección e guión: Henri Storck. Música: Manuel Rosenthal. Intérpretes: Gwen Norman, Raymond Rouleau. 22'
UNE NUIT SUR LE MONT CHAUVE (Unha noite no Monte Pelado) Francia, 1933. Dirección e guión: Sergei Alexeieff. Música: Mussorgsky. 8'
-
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
6ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
6ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
6ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
6ª sesión cine de vangardas
7ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
6ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm.
- Ano:1915-1933
- Países de produción: Bélxica, Francia, Rusia
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Jaime Pena
A película de Gance narraba o descubrimento por parte dun sabio dun raio que, dirixido contra de persoas ou cousas, as deformaba. Unha mera disculpa, polo tanto, para facer un uso sistemático das lentes deformantes e para explota-las posibilidades da visión subxectiva. Máis ca de vangarda, teríamos que falar de simple inxenuidade ou dunha experimentación primaria das posibilidades do cinematógrafo, que lembran os traballos que unha década atrás realizara Mélies. En todo caso, La folie du Docteur Tube pode considerarse o primeiro dos precedentes da primeira vangarda, agrupada en torno o impresionismo* francés e a cineastas como Louis Delluc, Jean Epstein, Marcel L'Herbier ou o propio Abel Gance (…).
Igualmente curiosa resulta Chamatnaia Goriatchka (A febre do xadrez), realizada conxuntamente por Vsevolod Pudovkin e Nikolai Spikovski en 1925. A súa xénese non puido ser máis acidental. Jay Leyda explicao así: "Durante unha pausa na rodaxe de Mecánica do cerebro, a Pudovkin pediuselle unha comedia local sobre o torneo internacional de xadrez realizado en novembro de 1925, no Hotel Metropol de Moscú. A trampa estaba en que ninguén podia pedir ós competidores, e menos a José Capablanca, que actuasen nunha comedia...".
Aproveitando uns planos tomados para un noticiario, os dous alumnos aventaxados de Lev Kuleshov puxeron en práctica o método "patentado" polo seu mestre. Método que aquí se aplica na súa forma máis pura e de forma continuada, servíndose da montaxe para conxuga-los planos de Capablanca máis outros de mans de actores e distintos obxectos. Con todo isto construiuse unha brillante comedia satírica sobre a febre dos rusos polo xadrez e a exasperación que isto causaba na muller dun xogador.
A febre do xadrez foi a primeira película estreada de Pudovkin e tamén a derradeira que realizou para Kuleshov. Como no caso de La folie du Docteur Tube, encontrámonos ante un filme que explora as posibilidades do medio cinematográfico e en concreto da montaxe, afondando nas ensinanzas do "taller" de Kuleshov e da escola soviética. (…)
Sen solución de continuidade pasamos das primeiras propostas vangardistas ás experiencias post-surrealistas. O nome do documentalista belga Henri Storck aparece intimamente unido ó de Jean Vigo, co que colaborou como axudante de dirección, decorador e actor en Zéro de conduite (1933). (...) O radicalismo político conxúgase cunha poética surrealista que inundará a que tal vez sexa a súa película máis coñecida, Idylle à la plage (1933). Aquí, na area debúxanse distintas formas que no seu movemento simulan un romance. É quizais esta é a derivación máis blandengue e menos rupturista do surrealismo, unha aproximación en exceso superficial á estética do movemento que fala ás claras dos perigos dunha evolución contra posicionamentos máis convencionais. (...)
Xa nos albores do cine sonoro, asistimos a unha das experiencias máis fascinantes nos intentos de conxugación total de son e imaxe. Falamos en concreto de Une nuit sur le Mont Chauve, rodada en 1933 polo pintor Sergei Alexander Alexeieff. Tralos experimentos anteriores de Germaine Dulac, Eisenstein ou Tzéhanowsky, Jean Mitry non dubida en califica-la película de Alexeieff como "a obra mestra do xénero e unha obra de arte a secas".