Diario para mis padres
Napló apámnak, anyámnak
Jan Nowicki, Zsuzsa Czinkóczi
- 115 minutos
Outubro de 1956. Juli non pode volver a Hungría dende Moscú porque as fronteiras están pechadas. Os soviéticos invadiron Budapest e depuxeron ao primeiro ministro Imre Nagy. János participa activamente nestes eventos. Cando por fin Juli pode regresar, intenta inmortalizar todo o que está a acontecer. Escapa con János a Austria porque temen pola súa vida, mais finalmente decide volver e é brutalmente executado na forca.
Mészáros ataca o gran tabú do seu país durante décadas, o arresto e asasinato do primeiro ministro Imre Nagy en 1956. Con este filme realiza un acto de expiación tanto persoal como nacional, ao restituír a memoria de aquilo que permaneceu oculto durante tanto tempo. Só así, segundo ela, podía avanzar Hungría cara o futuro neses instantes de cambio.
- Ano:1990
- Países de produción: Hungría
- Guión: Márta Mészáros, Éva Pataki
- Fotografía: Nyika Jancsó
- Montaxe: Éva Kármentö
- Produtora(s): Studio Budapest