Deuses de Pedra
Cinda Freitas, Mariana Freitas Tavares, Jaime Freitas Tavares, Manel Freitas Tavares, Pedro Freitas Tavares, Ricardo Freitas, Humberto Tavares
- 85 min.
Iván Castiñeiras regresa ao fogar da súa infancia para profundar nas lendas e historias dos arredores. Rodada ao longo de 15 anos, Deuses de Pedra traza coidadosas liñas entre o pasado e o presente, retratando unha terra fermosa e as belas almas de quen a habita.
Que é unha fronteira? Máis aló dos moitos usos e abusos desta palabra na nosa vida cotiá, unha fronteira créana as persoas que a habitan. Este sinxelo principio é a base da maxistral ópera prima de Iván Castiñeiras: Deuses de Pedra. Narrada como unha odisea que vai e vén no tempo, a película atópase coa poboación que vive ao redor da fronteira máis antiga de Europa: a que divide España e Portugal. Desde contrabandistas ata reis, desde nenos ata pastores, esta terra de impresionante beleza convértese no escenario onde a historia se repite. Abordando algunhas das cuestións cruciais que interesan a moitos espazos periféricos de Europa, como a minería e a emigración, Deuses de Pedra mostra os efectos de decisións políticas afastadas na vida cotiá da xente común.
A película de Castiñeiras é unha verdadeira xoia, unha oda a un pobo ausente da cultura dominante, que nos conta historias de resistencia e amor, de loitas políticas e exilio, nun ciclo de vida sen fin no que as loitas cambian de forma pero seguen sendo idénticas na súa esencia. Divertida, poética e conmovedora, rodada nun sublime 16 mm, Deuses de Pedra transcende a etnografía e utiliza o cinema para buscar e atopar a alma das persoas que retrata. (Rebecca De Pas, Rotterdam)
-
Iván Castiñeiras, o cinema transfronteirizo
Deuses de Pedra
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPPresentación e coloquio: Iván Castiñeiras. Entrada de balde.
- Ano:2025
- Países de produción: España, Francia, Portugal
- Guión: Iván Castiñeiras
- Fotografía: Iván Castiñeiras, Jorge Quintela, Alberto D. Centeno
- Montaxe: Antonio Trullen Funcia
- Produtora(s): Amateurfilms, Primeira Idade, Promenons-Nous Dans Les Bois, Rua Escura