Chantaje
Blackmail
Anny Ondra, John Longden, Sara Allgood, Charles Paton
- 85 minutos
Alice White ten unha violenta discusión co seu prometido, un detective de Scotland Yard chamado Frank Webber, e sepárase del moi anoxada. Para se tranquilizar entra nun salón de té, onde encontra un pintor que a convida ao seu estudio. O artista tenta seducila, e recorre finalmente á brutalidade. Alice deféndese… “Se o tema central da obra de Hitchcock é a disparidade entre as apariencias e a realidade, o principal vehículo para expresar o devandito tema é a continua inversión das nosas expectativas por parte do director. Os xuízos sobre o que debe ser considerado como infaliblemente correcto, verdadeiro e bo, sobre as forzas comunmente denominadas do “mal”, e sobre o prestixio conferido ás autoridades humanas, son cuestionados nas películas de Hitchcock con tanta insistencia como enxeño. Unha das máis claras exposicións neste argumento -o feito de que as figuras da lei e da orde e do ben común son eminentemente corruptibles- é efectuado polo director en Blackmail, onde a aparente equidade da policía se ve absolutamente menoscabada. Aqueles a quen idealizamos traizóannos; as apariencias non deben confundirse coa realidade. Hai outros temas ben desenvolvidos na película. Nunha entrevista en 1937, Hitchcock recoñeceu que Blackmail examinaba tamén a cuestión do “amor en contra do deber”. Este tema toma corpo dunha maneira clara nos tres movementos en que a película se divide de forma natural” (Donald Spoto, The art of Alfred Hitchcock).
- Ano:1929
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Benn W. Levy, Alfred Hitchcock, Michael Powell; Charles Bennett (obra teatral)
- Fotografía: Jack E. Cox
- Montaxe: Emile de Ruelle
- Produtora(s): British International Pictures