
Calyx
- 13 minutos
“Rodei Calyx no curso duns, a miúdo, tensos vinte e un días que antecederon á miña operación a corazón aberto para reemprazar unha válvula da aorta e enviei toda a metraxe ao laboratorio o día antes da operación. Montei os vinte e un rolos nunhas tres semanas despois de pasar nove días un tanto dramáticos no hospital. Espero que esta película logre capturar algún dese medo mesturado cun sentimento elexíaco polo noso mundo.
Calyx é a tona que rodea o tenro botón que axiña ha ser unha flor.” (Nathaniel Dorsky)