Cabalo Diñeiro
Cavalo Dinheiro
Ventura, Vitalina Varela
- 105 minutos
Continuación de Juventude Em Marcha, que retoma o personaxe de Ventura como figura central. Rodada tamén na comunidade periférica de Fontainhas (Lisboa), Costa leva os seus preceptos políticos e estéticos aos límites máis extremos da súa filmografía. Ventura viaxa no tempo nunha estrutura narrativa propia dun soño nunha espiral de recordos difusos e escenificacións de eventos pasados, que falan da súa situación persoal como inmigrante caboverdiano e serven ao tempo de reflexión en clave poética sobre a historia recente de Portugal.
Iluminado de modo ben fermoso en momentos nocturnos, os fantasmais personaxes que transitan por estes espazos oníricos parecen tirados directamente dunha pintura tenebrista. Cavalo Dinheiro representa un paso de xigante na evolución formal, estética da linguaxe do seu realizador, o que lle valeu, entre outros, o premio ao mellor director no festival de cinema de Locarno.
- Ano:2014
- Países de produción: Portugal
- Guión: Pedro Costa
- Fotografía: Leonardo Simôes
- Produtora(s): Sociedade Óptica Técnica