Bushman
Paul Eyam Nzie Okpokam, Mike Slye, Elaine Featherstone, Lothario Lotho, James Earl Garrison, Ann Scofield, Shezwae Powell, Jack Nance, David Schickele, Donna Michelson, Timothy Near, Patrick Gleeson, David Major, Curtis Branch, Florence Schwartz.
- 75 min.
1968. Martin Luther King, Robert Kennedy e Bobby Hutton, entre outros, faleceron recentemente. En Nixeria, a guerra civil entra no seu segundo ano sen final á vista. En San Francisco, as aventuras de Gabriel, un mozo nixeriano, reflicten as friccións tribais, persoais e raciais durante os convulsos anos sesenta. A verdade é máis estraña que a ficción en Bushman, un tipo de retrato fílmico pouco común —en parte documento e en parte imaxinario—, poético na súa aproximación aos feitos reais.
Notas sobre a restauración: Bushman foi restaurado e remasterizado dixitalmente a partir dos negativos orixinais da banda sonora e imaxe en branco e negro de 35 mm. Un traballo que foi completado en outono de 2022 pola Universidade de California, Berkeley Art Museum, Pacific Film Archive e The Film Foundation. Financiado por Hobson/Lucas Family Foundation. Co apoio de Peter Conheim, Cinema Preservation Alliance.
- Ano:1971
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: David Schickele
- Fotografía: David Myers
- Montaxe: Jennifer Chinlund, David Schickele
- Produtora(s): The Bushman Company, The American Film Institute