Lives of Performers
John Erdman, Valda Setterfield, Shirley Soffer, Fernando Torm, Yvonne Rainer
- 90 min.
Logo de varios traballos cinematográficos breves vinculados dun xeito ou outro á súa práctica coreográfica e performativa Lives of Performers (1972) é ‘oficialmente’ a primeira longametraxe de Yvonne Rainer. Pero ademais, como a película vira ao redor dun grupo de bailaríns que ensaian unha peza e ás relacións sentimentais que se xeran entre eles, este filme é tamén o punto de transición determinante entre a Rainer coreógrafa e a Rainer cineasta. No filme superpóñense materiais de distinto estatuto —documentais, escénicos, fotográficos, escritos e mesmo ficticios— de xeito que o propio dispositivo da performance permite o cuestionamento ao redor dos modos do cine para representar os corpos, as relacións privadas e as emocións. A película empeza con imaxes dun ensaio de Walk, She Said, unha peza da propia Rainer, á que tamén escoitamos de fondo dando instrucións. Pero a imaxe e o son non están sincronizados —algo que se converterá nun dos trazos esenciais do seu cine—, de modo que, xa desde o inicio, se introduce no filme a fractura entre o que vemos e o que oímos, entre a vida e a representación. Un guión fragmentario a través do que tampouco se especifica se os bailaríns interpretan un papel ou a si mesmos, colabora a lanzar a pregunta esencial da proposta: estamos ante unha realidade documental ou ante unha realidade que xa foi convertida en representación?
-
Yvonne Rainer: cuestionar a representación
Lives of Performers
Versión lingüística:VOSGFormato:DCPPresentación: Jara Yáñez, crítica de cine, e coloquio posterior con Sabela Mendoza, coreógrafa. Entrada de balde.
- Ano:1972
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Yvonne Rainer
- Fotografía: Babette Mangolte
- Montaxe: Yvonne Rainer, Babette Mangolte