
Ángeles sin brillo
The Tarnished Angels
Rock Hudson, Dorothy Malone, Robert Stack, Jack Carson
- 91 minutos
En plena Depresión, un talentoso xornalista e empedernido bebedor, Burke Devlin, obsesionase cunha familia de aviadores: o piloto heroe de guerra Roger Shulman, a paracaidista Laverne, o mecánico Jiggs e o seu fillo. No medio do mítico antroido de Nova Orleáns, un relato sobre a ironía do heroísmo, as vidas errantes e a morfoloxía da derrota que representa unha aguda radiografía da sociedade estadounidense, conformando o filme máis memorable de Douglas Sirk e, sen discusión, a mellor adaptación dunha novela de William Faulkner (Pylon, 1935). Como coda, unha recomendación de sesión triple con Sólo los ángeles tienen alas (1939) de Howard Hawks e Los temerarios del aire (1969) de John Frankenheimer.
- Ano:1957
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: George Zuckerman; novela Pylon de William Faulkner
- Fotografía: Irving Glassberg
- Montaxe: Russell F. Schoengarth
- Produtora(s): Universal