Anatomía de una caída
Anatomie d’une chute
Sandra Hüller, Samuel Theis, Milo Machado Graner, Swann Arlaud, Jehnny Beth
- 150 min.
Sandra, de orixe alemá, vive co seu marido francés, Samuel, nunha pequena localidade dos Alpes franceses. Ambos son escritores. Comparten o fogar co fillo Daniel, cego. Cando Samuel falece en estrañas circunstancias ao precipitarse desde unha xanela da vivenda, Sandra acaba tendo que enfrontarse a un xuízo como sospeitosa de asasinato.
A intriga permite aos guionistas Justine Triet e Arthur Harari –dúo artístico e sentimental– atacar as dinámicas de poder dentro da parella. Diversas capas narrativas vanse solapando nun intenso drama xudicial con sabor a Hitchcock, sustentado nun gran libreto, unha decidida posta en escena, unha prodixiosa montaxe e excelentes interpretacións. Destacan neste apartado a nova promesa Milo Machado-Graner no papel do neno e Sandra Hüller como a súa nai acusada de homicidio. Hüller obtivo varios premios pola súa interpretación e foi nomeada ao Óscar. A cinta levou o de mellor guión orixinal e foi Palma de Ouro en Cannes.
- Ano:2023
- Países de produción: Francia
- Guión: Justine Triet, Arthur Harari
- Fotografía: Simon Beaufils
- Montaxe: Laurent Sénéchal
- Produtora(s): Les Films Pelléas, Les Films de Pierre
-
Crítica do filme
Sergi Sánchez (Fotogramas)
Tráiler do filme
VOSE