
Amante por un día
L'amant d'un jour
Éric Caravaca, Esther Garrel, Louise Chevillotte, Laetitia Spigarelli
- 76 minutos
Unha rapaza de 23 anos regresa á casa familiar tras dunha ruptura sentimental. Alí descobre que seu pai está a manter unha relación cunha muller da súa mesma idade.
-
-
-
-
Cineclube Padre Feijoo
Amante por un día
- Ano:2017
- Países de produción: Francia
- Guión: Jean-Claude Carrière, Caroline Deruas-Garrel, Philippe Garrel, Arlette Langmann
- Fotografía: Renato Berta
- Montaxe: François Gédigier
- Produtora(s): SBS Productions
-
Siluetas y contornos: intersticios vitales
Crítica do filme por David Tejero en El antepenúltimo mohicano
Trailer do filme
Versión orixinal subtitulada
Une trilogie freudienne
Stéphane Delorme
“Tiven un moi longo duelo con meu pai, sempre lle ensinei os meus guións. Agora traballo con Louis e Esther, vale en intensidade o que experimentaba con meu pai. Logrei abrir un segundo capítulo na miña vida ao ter cativos e non dedicarme a outra cousa que non fose eles. Foron eles os que o decidiron, como as persoas do circo que traballan na mesma disciplina. Ás veces, cando xa non sabemos por que estamos a traballar, cando traballamos coa nena dun é como estar a ter unha reunión cotiá. Psicanaliticamente é sólido, non sabemos por que imos, simplemente quedamos coa nosa filla. (...) Hai algo que levo facendo a longo prazo, que é ler a Freud. Debín comezar en 1975. No Conservatorio, fágolles aprender os dous soños de Dora, ou o soño do home dos lobos. Cando fago un filme – é por iso que adoro a Bergman case tanto como a Godard – impóñome un deber freudiano. En La jalousie, quería tratar a neurose na muller; en L'ombre des femmes a libido na muller; en L'amant d'un jour, o inconsciente na muller. En L'amant d'un jour quería tratar o complexo de Electra, a réplica feminina do complexo de Edipo, mesmo se non é completamente simétrico. Electra matou a nai, Clitemnestra, porque volvera casar con outro home. No filme, é a historia dunha amizade consciente entre unha rapaza e a súa nova e bela sogra, que ten a mesma idade ca ela, e como o inconsciente desta rapariga a empurra a se desfacer desta rival polo pai”.
Philippe Garrel en entrevista con Stéphane Delorme (“Une trilogie freudienne”, en Cahiers du Cinéma nº 733, maio de 2017, pp. 12-18)