Afternoon
Nachmittag
Jirka Zett, Miriam Horwitz
- 97 minutos
“Irene, unha actriz de teatro, regresa á súa casa no lago tras unha longa ausencia. Alí viven o seu irmán, Alex, e o fillo dela, Konstantin. É verán e vai calor. A Konstantin vén visitalo a súa moza, Agnes, que pasa as vacacións coa familia na casa do lado. Konstantin e Agnes medraron xuntos. Agnes está estudando, Konstantin escribe e nunca abandonou o lago. Cando se volven ver, nada é igual, e unha luz implacable cae sobre cada dúbida. Irene cae neste desconcerto. A historia entre nai e fillo repítese, irónica e agresiva, coma un círculo infrutuoso polo recoñecemento. A relación non se perde, mais a perda é insoportable. Irene consola o seu amante. Konstantin está fóra de si. Mais Agnes parece aprezar a presenza deste amante, que alivia o seu corazón. El libéraa un pouco e ela comeza a esquecer a Konstantin. Ao final, nai e fillo están sós. Pasaron unicamente unhas poucas horas en comparación con toda unha vida, vai menos calor e pódese sentir o vento. Os personaxes principais de La Gaviota de Chéjov hoxe, aquí, en tres bonitas e terribles tardes de verán.” (catálogo do Festival Internacional de Cine de Berlín).
- Ano:2007
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Angela Schanelec
- Fotografía: Reinhold Vorschneider
- Produtora(s): Nachmittagfilm, ZDF