
The Fancy
Elizabeth Surbin, 2000.
36´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
THE FANCY
(Estados Unidos, 2000)
Dirección, produción, e guión: Elizabeth Subrin. Duración: 36 minutos.
Un enigma: a vida da fotógrafa Francesca Woodman, nada en 1958 e que se suicidou en 1981. Coas escasas evidencias do seu material fotográfico, das súas polémicas fotos e dos espazos que habitou, Subrin intenta desentrañar o misterio dunha existencia, conformando unha especulación biográfica -a cargo dunha cineasta e videoartista especialista en orixinais retratos- que non pretende tanto explicar como interrogarse pola vida allea.