Experimental extravagancia
(1995-2005)
130’. Sen diálogos
GT GRANTURISMO
(Austria, 2001)
Dirección: Günther Selichar, Loredana Selichar. Música: Wolfgang Mittere, Günter Selichar. Efectos especiais: Martín Rainhart, Martín Putz, Wolfgang Hemmer. Duración: 5 minutos.
Vídeo que revisita e mestura con ironía diversos xéneros e estereotipos artísticos e culturais.
TRAXDATA
(Austria, 1998)
Dirección: Jürgen Moritz, Norbert Pfaffenbichler. Música: Christian Fennesz. Duración: 4 minutos.
Videoclip minimalista onde o diálogo entre imaxes e música crea un ritmo centrado na estrutura visual.
TRANS
(Austria, 2003)
Dirección: Michaela Grill, Martin Siewert. Duración: 9 minutos.
Sombras e siluetas electrónicas achéganse á abstracción pictórica. O movemento créase nos espazos que hai entre as imaxes onde a música, por contraste, vén a enriquecer o proceso visual.
MOBILE V
(Austria-Holanda, 2000)
Dirección: reMI (Renate Oblack, Michael Pinter). Duración: 3 minutos.
O ruído atronador dunha rocha que se precipita, sons fortes que, combinados con imaxes, evocan o espírito da máquina e a alma da cibernética.
SOLO MIT CHOR [SÓ CON CORO]
(Austria-Alemaña, 2004)
Dirección: Karø Goldt. Duración: 6 minutos.
Dúas fotografías do rostro dunha muller en primeiro plano son tratadas dixitalmente de forma que a imaxe estática vai adquirindo vida, seguindo a máxima de Edgar Morin “O rostro é unha paisaxe”.
-2:20
(Austria, 2003)
Dirección: Billy Roisz. Duración: 4 minutos.
A estética do material choca co son que evoca a natureza do mecánico a partir dos ruídos creados polas distintas capas de sons electrónicos.
R4
(Austria, 2000)
Dirección: Michaela Schwentner. Música: Radian. Duración: 7 minutos.
Videoclip para o tema “R4”, do grupo vienés Radian, que consiste no tratamento dixital da imaxe dun tren partindo dunha estación.
THE CINEMASCOPE TRILOGY [A TRILOXÍA DO CINEMASCOPE]
(Austria, 1997-2001)
Dirección: Peter Tscherkassky. Duración: 23 minutos.
Espectacular triloxía en branco e negro composta polos filmes L'arrivée (1997/98, 2 minutos), Outer space (1999, 10 minutos) e Dream work (2001, 11 minutos).
FILM SPRICHT VIELE SPRACHEN [UNHA PELÍCULA FALA EN MOITOS IDIOMAS]
(Austria, 1995)
Dirección: Gustav Deutsch. Duración: 1 minuto.
Fragmentos de películas da India atopados en diversos países. Aínda que se respecta o formato orixinal, as secuencias son reordenadas por temas, localizacións e cores.
PRESERVING CULTURAL TRADITIONS IN A PERIOD OF INSTABILITY [PRESERVANDO TRADICIÓNS CULTURAIS NUN PERÍODO DE INESTABILIDADE]
(Austria, 2004)
Dirección: John Ford, Henry Ford (Sebastian Brameshuber, Thomas Draschan). Duración: 3 minutos.
Comentario en torno aos progresos na cultura visual contemporánea.
KORRIDOR [CORREDOR]
(Austria, 1998)
Dirección, produción e fotografía: Dietmar Brehm. Duración: 18 minutos.
Historia de terror elaborada a partir de materiais visuais dos anos sesenta adquiridos nunha tenda de Viena.
INSTRUCTIONS FOR A LIGHT AND SOUND MACHINE [INSTRUCIÓNS PARA UNHA MÁQUINA DE LUZ E SON]
(Austria, 2005)
Dirección, guión e fotografía: Peter Tscherkassky. Duración: 17 minutos.
O personaxe principal camiña pola rúa cando, de súpeto, descobre que non só é obxecto de atención por parte dos espectadores, senón tamén do director. Deféndese heroicamente, mais está irremediablemente condenado. Impresionante reutilización de imaxes da película de Sergio Leone “El bueno, el feo y el malo”.
ALONE. LIFE WASTES ANDY HARDY [SÓ. A MALGASTADA VIDA DE ANDY HARDY]
(Austria, 1998)
Dirección: Martín Arnold. Duración: 15 minutos.
Deconstrución de películas clásicas hollywoodenses, por medio de repeticións compulsivas de certos fotogramas, poñendo en evidencia a súa mensaxe de sexo e violencia.
RACINE-1. 1992-1999
(Austria, 2000)
Dirección: Dietmar Brehm. Duración: 8 minutos.
Peza creada empalmando ao chou os descartes de rodaxes realizadas en 16mm.