ESTHER
Amos Gitai, 1985
97’. Subtítulos en galego.
(Israel-Francia-Gran Bretaña, 1985)
Dirección: Amos Gitai. Guión: Amos Gitai, Stephan Levine. Produción: Agav Films, Channel Four, ORF, Ikon, United Studios Herzlia. Fotografía: Henri Alekan, Nurith Aviv. Intérpretes: Simona Benyamini, Mohammed Bakri, Juliano Merr, Zare Vartanian, Schmuel Wolf. Dur.: 97 min.
Primeira longametraxe de ficción de Gitai, concibida como un gran “tableau vivant” que conta a historia de Ester, que na Biblia é elixida como esposa polo rei Asuero sen saber que é xudía. O relata adquire resonancias actuais nun paralelismo subliñado polo escenario elixido: as ruínas de Wadi Salib, en Haifa. Primeira parte da triloxía do exilio.