Esa pareja feliz
Luis García Berlanga e Juan Antonio Bardem, 1951.
83'. 35mm.
ESA PAREJA FELIZ
(España, 1951)
Dirección e guión: Luis García Berlanga e Juan Antonio Bardem. Produción: Industrias Cinematográficas Altamira S. L. Fotografía: Guillermo Goldberger. Intérpretes: Fernando Fernán-Gómez, Elvira Quintillá, José Luis Ozores. Duración: 83 minutos.
Un humilde matrimonio madrileño, Juan e Carmen, gaña un concurso patrocinado por unha marca de xabón en que se escolle a parella feliz. Ela é ama de casa e el electricista nuns estudios de cine. Non saben que acaba de comezar o seu particular calvario. Amigos desde a súa etapa no IIEC, Bardem e Berlanga debutan na longametraxe repartindo as funcións –Bardem, dirección de actores, Berlanga, movementos de cámara- e aplican con sabedoría os espellos deformadores, o distanciamento mais un acentuado sentido do humor e capacidade crítica sobre a realidade do seu tempo.