
Energy country
Deborah Stratman, 2004.
15´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
ENERGY COUNTRY / [PAÍS DA ENERXÍA]
(Estados Unidos, 2004)
Dirección e guión: Deborah Stratman. Produción: Pythagoras Film. Duración: 15 minutos.
Un percorrido entre o documento e a experimentación pola paisaxe industrial de Texas no só como referente pictórico, senón como unha denuncia específica do pernicioso funcionamento do mercado petrolífero. O paseo case onírico polas plantas petrolíferas do sur do estado, contrastan e interrelaciónanse coa dureza das palabras do fundamentalismo relixioso que nos chegan a través do son.