
El triste olor de la carne
Cristóbal Arteaga, 2013
87'. DCP.
EL TRISTE OLOR DE LA CARNE
(España-Chile, 2013)
Dirección e guión: Cristóbal Arteaga. Produción: Universitat Pompeu Fabra e Termita Films. Fotografía: Laia Ribas e Jordi Morató. Intérpretes: Alfredo Rodríguez, Sabela Vázquez. Duración: 87 minutos.
Un home percorre a cidade, deixa a filla no colexio, visita a prestamistas e xoieiros… É a viva imaxe da crise, alguén cuxa existencia se reduce a tentar conseguir algo de cartos para seguir coa súa vida, para continuar adiante. Non coñecemos practicamente nada del, só a súa imaxe filmada por unha cámara veloz, nun único plano-secuencia que percorre a película co ritmo vertixinoso dun thriller urbano. Electrizante e hiperrealista, El triste olor de la carne pasou por Karlovy Vary e acadou o Premio da Crítica no último Festival de Sevilla, deixando sen alento ao público.