El pequeño Nicolás
Le petit Nicolas: Qu'est-ce qu'on attend pour être heureux?
- 82 min.
Debruzados sobre un gran folio en branco nalgún lugar entre Montmartre e Saint-Germain-des-Prés, Jean-Jacques Sempé e René Goscinny dan vida ao pequeno Nicolás, un neno riseiro e falcatrueiro. A súa é unha infancia alegre, chea de xogos, diversión, bromas, aprendizaxe, complicidade, pelexas e castigos. O pequeno Nicolás lévanos ao estudio dos seus creadores, onde fala con eles de forma distendida. Sempé e Goscinny cóntanlle como se coñeceron e se fixeron amigos, e tamén responden a preguntas sobre a súa carreira, a súa infancia e as súas ambicións.
Xoia da animación realizada en fermosas acuarelas, premiada no Festival de Annecy e estreada no Festival de Cannes, é un poema conmovedor que combina con acerto a historia da orixe da relación de Sempé e Goscinny (creador de Astérix) con algunhas das aventuras dos libros do pequeno Nicolás. Homenaxe a dous grandes creadores do século XX, retrato da amizade entre dous artistas, acompaña a súa evolución persoal e os seus procesos de creación.
-
Filmoteca Júnior
El pequeño Nicolás
Versión lingüística:VEFormato:DCPEntrada de balde. Recomendada +7 anos.
- Ano:2022
- Países de produción: Francia
- Guión: Anne Goscinny, Michel Fessler, Benjamin Massoubre