
EL COLOR DEL DINERO
Martin Scorsese, 1986.
119´. Subtítulos en castelán.
THE COLOR OF MONEY / EL COLOR DEL DINERO
(Estados Unidos, 1986)
Dirección: Martin Scorsese. Guión: Richard Price, sobre a novela homónima de Walter Tevis. Produción: Touchstone Pictures, Silver Screen Partners II para Buena Vista Productions. Fotografía: Michael Ballhaus. Intérpretes: Paul Newman, Tom Cruise, Mary Elizabeth Mastrantonio. Duración: 119 minutos.
Un antigo xogador de billar americano vive dedicado a escuros negocios de contrabando de whisky. Un día fixa a súa atención nun mozo dotado dun sexto sentido co taco e decide converterse no seu mentor. Aparicións de xentes como John Turturro ou Iggy Pop e Óscar ao mellor actor para Paul Newman nunha singular prolongación –realizada exactamente 25 anos despois- d’El buscavidas de Rossen.