DON QUIJOTE
G.W. Pabst, 1933
82’. Subtítulos en castelán
DON QUIJOTE / DON QUIXOTE / DON QUICHOTTE
(Gran Bretaña-Francia, 1933)
Dirección: Georg-Wilhelm Pabst. Guión: Paul Morand, Alexandre Arnoux e G.W. Pabst. Produción: Constantin Geftman para Nelson/Webster/Vander. Fotografía: Nicolas Farkas e Paul Portier. Intérpretes: Feodor Chaliapin, Dorville, Renée Valliers e Mireille Balin. Dur.: 82 min.
Primeira adaptación sonora do mito literario rodada en 3 versións, marcada pola presenza do gran baixo ruso Feodor Chaliapin interpretando ao fidalgo. Orixinal translación chea de licencias, cancións, apuntes sociais, a sátira costumista e o proceso de miserabilización dos personaxes posibilitan lúcidas ideas de posta en escena. Para a lembranza, un prólogo animado elaborado pola experta en sombras chinesas Lotte Reiniger, a sorprendente representación de “Amadís de Gaula” e a pavorosa queima de libros a cargo da Inquisición (alusión directa ás prácticas nazis), nun filme que decidiu a profesión dun novo Luis García Berlanga.