
Divine Horsemen – The Living Gods of Haïti
Maya Deren, 1951
55'. 16mm. Subt. Castelán
Divine Horsemen – The Living Gods of Haïti
(Estados Unidos, 1951)
Maya Deren / 16 mm / B/N / son / 55’
O filme mostra os ritos de tres cultos haitianos: Rada, Petro e Congo, de orixe africana. Os ritos poñen en escena sacrificios (polos, cabras) e transos. No prefacio de Divine Horsemen, Maya Deren di: “Esta disposición de obxectos ligada ao meu proxecto inicial haitiano é, para min, o tributo máis elocuente á irrefutable realidade e ao impacto da mitoloxía Vaudou. Encarara este proxecto como unha artista; como alguén que transformaría os elementos dunha realidade nunha obra de arte atendendo á miña liberdade creadora, e terminei no rexistro máis humilde e preciso que podo facer dunha lóxica, dunha realidade que me forzou a recoñecer a súa integridade e me fixo abandonar as miñas manipulacións”.
A banda sonora componse de rexistros efectuados por Maya Deren durante as súas diversas viaxes a Haití e de textos tirados do libro Divine Horsemen, que ha publicar en 1953. Montada por Teiji e Cherel Ito entre 1973 e 1977.
(Light Cone)