
Vértigo (De entre los muertos)
Vertigo
James Stewart, Kim Novak, Barbara Bel Geddes, Tom Helmore
- 128 minutos
Un antigo inspector de policía afectado por vertixe, recibe a encarga dun amigo de vixiar a súa esposa, cuxo estraño comportamento suxire que podería suicidarse. “Película complexa e exuberante, realizada cunha sinistra paixón, Vertigo constitúe o retrato definitivo de Hitchcock arredor da obsesión romántica. O suspense, cando menos desde un punto de vista tradicional, non ten moito que ver co filme. O que persegue Hitchcock –e consegue, esplendidamente- é capturar a enguedellada e particular tensión inherente á culpabilidade. Esta é unha historia de pantasmas, no mellor sentido da expresión, tan encerellada, que é difícil determinar quen está máis enfeitizado, se Kim Novak ou James Stewart, que nos ofrece unha das súas máis brillantes interpretacións. O final é puro e talvez un definitivo Hitchcock: o soño de Novak condena a Stewart, mesmo ao tempo que o redime” (Jay Cocks, Take One)
-
-
Cineclube Padre Feijoo
Vértigo (De entre los muertos)
- Ano:1958
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Alec Coppel, Samuel Taylor; Pierre Boileau, Thomas Narcejac (novela)
- Fotografía: Robert Burks
- Montaxe: George Tomasini
- Produtora(s): Alfred J. Hitchcock Productions, Paramount Pictures