DIEGO GEDICHTE (OS POEMAS DE DIEGO)
Felix Gensicke, Diego Mariño, 2005.
130'. Vídeo. Subtítulos en galego. Presentación do director Diego Mariño. Entrada gratuíta.
DIEGO GEDICHTE (OS POEMAS DE DIEGO)
(España-Alemaña, 2005)
Dirección, guión, fotografía, produción e interpretación: Felix Gensicke e Diego Mariño. Duración: 130 minutos.
Filmada na súa maior parte nas rúas de Berlín, mestura documental, ficción e performance. Segundo un dos seus autores, Diego Mariño, é unha historia coherente sobre a escritura da poesía, o movemento corporal e a música; unha historia incoherente sobre a relación entre dous personaxes. é tamén unha forma de homenaxe ao músico pop Elliott Smith.