Eva al desnudo
All About Eve
George Sanders, Celeste Holm, Gary Merrill, Hugh Marlowe, Thelma Ritter, Marilyn Monroe
- 130 min.
No acto de entrega dun premio polo seu recente éxito na escena teatral, a figura da actriz Eve Harrington é lembrada por varios testemuños da súa carreira. A historia iníciase cando Eve, simulando ser unha tímida admiradora, coñece a veterana actriz Margo Channing, converténdose na súa suplente.
-
-
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
Eva al desnudo
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Thelma Ritter en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
Eva al desnudo
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Thelma Ritter en...
- Ano:1950
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Joseph L. Mankiewicz
- Fotografía: Milton R. Krasner
En Nosferatu n° 20, «Secundarios y antagonistas del Hollywood clásico»
Carlos F. Heredero
(...) A figura de Birdie Coonan (dama de compañia de Margo Channing) oficia tamén, aínda que de xeito tanxencial, como un novo e complementario alter ego -ou comentador, dito sexa á maneira brechtiana- de Mankiewicz dentro da ficción, e de aí que sexa ela a que detecte, antes que ninguén, o sospeitoso interese de Eva por Margo. Será a súa propia mirado, polo tanto, a que intúa por primeira vez á verdadeira Eva.
Non é casualidade que Mankiewicz conceda, por delegación, este privilexio a un personaxe interpretado por Thelma Ritter, sobre a que non dubidaba en afirmar que a adoraba. Thelma posuía ese raro talento interpretativo que un director debe coidar como un violinista ó seu Stradivarius». Para o creador de All About Eve, bo conecedor dos escenarios americanos, Thelma pertencía a «unha dos derradeiros e, por agora, case extinguidos especies do noso ecosistema teatral: a gran actriz de carácter.