DIARIO PARA UN CUENTO
Jana Bokova, 1998.
96´. Entrada gratuíta.
DIARIO PARA UN CUENTO
(Arxentina-España-Francia, 1998)
Dirección: Jana Bokova. Guión: Leslie Megahey, Jana Bokova e Gualberto Ferrari. Produción: Mate Production PC, Kompel Producciones, Aleph Media. Fotografía: Alfredo F. Mayo. Intérpretes: Germán Palacios, Silke, Héctor Alterio, Elvira Mínguez. Duración: 96 minutos.
Bos Aires, comezos dos anos 50, nun ambiente portuario mestura de lumpenproletariado, tango e cabaré, un escritor novato, Elías, intenta aprender da vida. Traballa como tradutor das cartas que clientes e amantes envían ás rapazas dun bordel. Alí coñece a Anabel, aínda que tamén mantén unha relación cunha moza da clase alta, Susana. Versión do último conto de Cortázar, “Diario para un cuento” (Deshoras) que contén bastantes elementos biográficos da vida de Cortázar. Gañadora do Cóndor de Prata da crítica arxentina ao guión adaptado.