Zvlástní bytosti (Seres estraños)
Jan Tesarz, Ewa Zukowska, Jiri Bábek
- 84 min.
Unha historia metafórica sobre tres persoas, cada unha delas representando unha xeración (1958-1968-1988), na que cada un descobre o seu sitio e destino na sociedade a través dos acontecementos que teñen lugar no período dunha noite.
-
-
Cine checo dos 80 Auditorio da Universidade
Zvlástní bytosti (Seres estraños)
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1990
- Países de produción: República Checa
- Guión: Fero Fenic
- Fotografía: Jaroslav Brabec
Notas sobre o programa
É unha historia metafórica sobre tres persoas, cada unha delas representando unha xeración (1958-1968-1988), na que cada unha descobre o seu sitio e destino na sociedade a través dos acontecementos que teñen lugar no periodo dunha noite. O primeiro protagonista é un oficial do Partido, quen representa o golpe de estado comunista de 1948. Para el o réxime supuxo un avance social, xa que lle permití ocupar importantes postos na administración desde os que exercía un poder absoluto. A segunda protagonista é a súa secretaria, unha muller madura de fermosura decadente, quen representa os ideais actualmente caducos da "Primavera de Praga" de 1968, con tódalas ilusións e desencantos que provocou ese acontecemento. O terceiro protagonista é un soldado do exército nacional, quen representa os mozos dos oitenta. Chófer na vida civil, atópase agora de permiso especial, xa que estaba destinado como garda na fronteira co oeste. Por unha coincidencia, estas tres persoas pasan unha noite xuntos -da noitiña ó mencer- e o seu encontro serve para expo-la verdadeira natureza da sociedade totalitaria. Cada un revela a súa verdadeira esencia e, á súa vez, adquire novos coñecementos. O soldado novo é o que mellor chega a comprende-lo que involuntariamente foi a súa participación nun sistema que considera nefasto tanto económica coma moralmente, adoptando unha postura de procura de novos valores e alternativas. Seres estraños foi rodada antes dos cambios políticos definitivos. O seu director quería esperta-la conciencia dos habitantes de Checoslovaquia. Este efecto revulsivo aínda actúa hoxe nos espectadores das agora separadas repúblicas Checa e Eslovaca.