THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON
Jeff Feuerzeig, 2005.
110´. Subtítulos en castelán.
THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON
(Estados Unidos, 2005)
Dirección e guión: Jeff Feuerzeig. Produción: This is That Productions e Complex Corporation. Fotografía: Fortunato Procopio. Duración: 110 minutos.
A fascinante e tráxica historia de Daniel Johnston, que desde novo cativou polo seu talento musical. Xenial compositor, admirado por Tom Waits e David Bowie, as drogas e a enfermidade mental, que o levan a relatar frecuentes encontros co demo, van limitar extraordinariamente a súa existencia. Mestura de materiais coa presenza de entrevistas, o título obtivo o Premio á mellor dirección en Sundance 2005.